publicidade hoxe

A D.O. Monterrei promocionase en Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalLocal PortadaMonterreiVerín
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar dá Xunta de Galicia celebra os días 27, 28 e 29 de setembro en Barcelona as Xornadas Culturais, Empresariais e Gastronómicas de Galicia en Cataluña, e faino cun extenso programa de actividades no que adquiren especial protagonismo os produtos enogastronómicos de calidade diferenciada. Para iso habilitou unha sala de degustación na que realizará diversas actividades dirixidas ao sector profesional.

A Denominación de Orixe de Origen Monterrei participa neste programa. Farao este venres cunha presentación do seu viño tinto barrica maridado co polbo de pescadeRías e os produtos de Agricultura Ecolóxica de Galicia. O sábado será a quenda do viño branco mozo, produto emblema da D.O. Monterrei, que maridará os pratos do cociñeiro Álvaro Villasante, do restaurante Paprika de Lugo, en base ás Vieiras de PescadeRías. Finalmente, como colofón ás xornadas, os viños das cinco denominacións de orixe galegas presentaranse nunha cata guiada, orientada á hostalaría e distribución catalás.

27 de setembro de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.