publicidade hoxe

A D.O. Monterrei promocionarase en Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalLocal PortadaMonterreiVerín
A-
A+

Esta semana os viños de Monterrei realizan un programa promocional en Alemaña, grazas a liña de colaboración establecida entre a Embaixada de España en Berlín e as catro denominacións de orixe de viño ourensanas.

As citas terán lugar os días 24, 25 e 26 de setembro, nos Institutos Cervantes de Berlín, Bremen e Hamburgo, respectivamente. En todos eles os viños de Monterrei serán protagonistas no cóctel que seguirá ao acto de presentación do libro “O Camiño de Santiago na Literatura- Jackobsweg in der Literatur” de Antonio Colinas, editado en alemán pola Universidade de Kiel.

Ademais participarán na exposición “Escultura Española Contemporánea”, que o próximo xoves 26 ofrece unha charla-coloquio cos autores, na Embaixada de España en Berlín.

Mediante estas actividades a Denominación de Orixe Monterrei pretende promover os seus viños no mercado alemán, favorecéndose da convocatoria selectiva deste tipo de eventos que atraen público de proximidade, interesado pola gastronomía e cultura de España. Así se inicia unha liña de colaboración que aspira a desenvolver novos proxectos en 2014, e favorecer o acceso e posicionamento dos viños de Monterrei no mercado alemán.

23 de setembro de 2013 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.