publicidade hoxe

A D.O. Monterrei experimenta un incremento no volume de viño cualificado en 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonterreiVerín
A-
A+

Cando aínda non concluíu a campaña de comercialización da colleita 2012, as cifras mostran un aumento no volume de viño amparado baixo o selo de garantía dos viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Deste modo rexistrouse un incremento de 321.000 contraetiquetas emitidas polo Consello Regulador fronte aos datos de setembro de 2012, o que supón un crecemento do 25% neste período e fai prever un salto cuantitativo nas cifras anuais de viño cualificado na Denominación de Orixe.

Este é sen dúbida un dato positivo para a Denominación e evidencia a evolución que está a experimentar nos últimos anos, nos que viu incrementada notablemente a súa cota de mercado.

A colleita 2012 alcanzou cifras récord na D.O. Monterrei superando os 2,7 millóns de quilogramos de uva amparada. Próximos ao inicio da vendima, a colleita 2013 aspira a manter a liña evolutiva dos últimos anos, nun sector que actualmente reúne 373 viticultores, 429 Ha de viñedo e 23 adegas.

20 de setembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.