publicidade hoxe

A Aula Cemit de Celanova inaugura a súa nova programación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaLocal
A-
A+

ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA

Actividades realizadas por videoconferencia e organizadas pola “Axencia de Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)”, para dar a posibilidade ós interesados que non se poidan desplazar a Santiago

CHARLA: “AXUDAS PARA O ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA”

DÍA: mércores 11 de setembro
HORARIO: de 12:00 a 13:00 h
TEMÁTICA: Charla na que se explicará a forma de presentase as axudas e de poder ter acceso a internet naquelas zonas con máis dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.
DESTINATARIOS: Toda a cidadanía, pequenas e medianas empresas interesadas en solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite.

CHARLA: “O USO DE INTERNET E REDES SOCIAIS PARA MENORES”

DÍA: xoves 26 de setembro
HORARIO: de 16:00 a 20:00h
TEMÁTICA: Charla informativa e de sensibilización de país, nais, titores, etc sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
DESTINATARIOS: Pais, nais, titores legais e formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias du mal uso das redes sociais, profesionais do sector que desexen ampliar os coñecementos sobre cuestións legais que afecten a estas ferramentas. E en xeral, usuarios que desexen ter máis información de cómo usar estas aplicacións dun modo seguro.

CURSOS FORMATIVOS DESENVOLVIDOS POLA AULA CEMIT DO CONCELLO DE CELANOVA

CURSO: “Manexo de memoria USB”
Tipo de actividade: Manexo e explicación de memorias USB (pendrive)
Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa destrezas no manexo do computador e queira coñecer o funcionamente e utilización das memorias USB.
Días: venres 13 de setembre
Horario: 16:00 h a 20:00h (4 horas)
Duración: 4 horas
Drescripción: Curso de 4 horas con contidos teóricos e fundamentalmente prácticos

CURSO: “ Creación e manexo dunha conta de correo electrónico”.

Tipo de actividade: Como crear unha conta de correo electrónico e como sacar o máximo partido o correo.
Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa unhas mínimas destrezas no manexo dun computador e con ningún ou escaso coñecemento de correo electrónico.
Días da realización do curso: Do 16 de setembro ó 20 de setembro. ( luns, mércores e venres)
Horario: 16:00h a 18:00h
Duración: 6h
Descripción: Curso de 6 horas divididas en 3 días. Contidos teóricos e fundamentalmente prácticos.

CURSO: “APRENDE A CREAR AS TÚAS PROPIAS PRESENTACIÓNS DE MANEIRA SINXELA”

Tipo de actividade: explicación das presentacións e o programa libre office impress, para adquirir destrezas a hora de faer unha propia presentación, con contido teórico e dixital.
Destinatarios: Cidadanía en xeral que utilice a nivel básico un ordenador, un navegador de internet e posúa unha conta de correo electrónico
Días da realización do curso: Do 23 de setembro ó 30 de setembro (todos os días excepto xoves)
Horario: de 16:00 a 18:30h
Duración: 12.5 horas
Descripción: Curso de 12.5 horas divididas en 5 días destinando 2,5 horas cada día. Os contidos do curso serán teóricos e fundamentalmente prácticos.

12 de setembro de 2013 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.