publicidade hoxe

Trabada celebrará as súas festas patronais do 14 ao 16 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTrabada
A-
A+

O Concello de Trabada celebrará as festas patronais os vindeiros 14, 15 e 16 de agosto.

O mércores 14 os festexos darán comezo a partir das 21.00 h. cunha churrascada e verbena a cargo da Orquestra Blue Star Dj Adri.

O xoves 15 ás 13.30 h. oficiarase a misa solemne na honra da Nosa Señora. A sesión vermú estará amenizada pola Orquestra da Televisión Nordés. A partir das 23.00 h. comezará a verbena a cargo da Orquestra da Televisión Nordés e da discoteca móbil Blanco y Negro.

O venres 16 a misa solemne oficiarase ás 13.30 h. na honra a San Roque. A sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Galilea. Ás 23.00 h. a verbena estará amenizada pola Orquestra Galilea e a discoteca móbil Blanco y Negro.

7 de agosto de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.