publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Presentouse a Festa do Emigrante do Concello de Pol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocalLugoPolProvincias
A-
A+

> O concello e os empresarios da vila xunto coa Deputación que fai unha achega de 3.000 euros fan posible a XXX Edición dunha das festas con máis repercusión da provincia.

> O evento move ano tras ano a un importante número de “emigrantes” que se achegan ó concello de Pol para desfrutar da feira.

Presentación da Festa do Emigrante de Pol

Presentación da Festa do Emigrante de Pol

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos; o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, o tenente Alcalde, José Luís Ramudo Audión e os Concelleiros de Pol de Medio Rural e Deporte, Luís Javier Fernández Ramos e de Medio Ambiente, Belén Seco Morado presentaron este mércores nos xardíns do Pazo de San Marcos a XXX Edición da Festa ó Emigrante do Concello de Pol, que se vai celebrar o vindeiro sábado día 24 de agosto na pequena vila lucense. A institución provincial aporta un total de 3.000 euros que van dirixidos a financiar parte das actividades programadas para a xornada. O Deputado de Cooperación cos Concellos salientou que a festa “ é un reclamo turístico moi importante para o concello xa que serve para dinamizar, en certa medida, a economía local ó tempo que se converte nun evento de referencia para os emigrados que se achegan ata a comarca, ano tras ano, a pasar as súas vacacións”. Álvaro Santos tamén manifestou que a Deputación apoia fortemente ó evento posto que “ que o evento celebre a súa 30 edición é mostra da boa xestión e do éxito da organización ”. Ónega tamén afirmou que a festa é moi importante pois “ move a máis de 3.000 persoas” e valorou que “ estamos moi contentos da aceptación que ten a festa entre a xente, que nos felicita ano tras ano polo evento”.

Programación para os “emigrantes”

As actividades comezarán ó mediodía cun acto cantado pola Schola Gregoriana Lucensis. Ó remate, terá lugar a lectura do pregón da man do sociólogo e urbanista, Elías Trabada Crende, un “emigrado” que se achega todos os anos ata a comarca a pasar uns días de vacacións. Ás 14:30 será o acto oficial no que se descubrirá a placa que conmemora o XXX aniversario da Festa ó Emigrante do concello de Pol. As 14:45 horas dá comezo a sesión vermú amenizada pola orquestra Canadá. Logo deste espazo musical, é o xantar, que se celebra na carballeira de Mosteiro, acondicionada para o evento con máis de 2.000 prazas para as persoas que decidan achegarse a comer alí rodeados dun ambiente festivo e de romaría. Logo da sobremesa, sobre as 18:30 comezará a actuación da orquestra América, que amenizará a tarde do sábado. Pola noite, a festa continúa e volverán actuar as orquestras Canadá e América que animarán ó evento ata as 5 da maña.

21 de agosto de 2013 | 23:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.