publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O voitre negro atopado na Serra do Faro foi posto en liberdade unha vez recuperado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónGaliciaLocalMelónPortada dereita
A-
A+
Liberación do voitre negro

Liberación do voitre negro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras procedeu hoxe a solta dun exemplar dunha especie pouco común en Galicia, como é o voitre negro, que foi atopado o pasado 4 de agosto por uns axentes medioambientais, na Serra do Faro entre os concellos de Melón, Avión, Cañiza e Covel. Unha vez atopada a ave  e tras decatarse da febleza do seu estado, debilidade aguda xeneralizada; foi remitida ao Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio, onde se desenvolveu o programa de actuacións pertinentes, para a súa mellora.

Proceso de recuperación

Unha vez alí, o voitre foi atendido polos servizos veterinarios adscritos ao centro, e ese mesmo día xa quedou ingresado nas instalacións destinadas á UVI (unidade de vixianza intensiva). Ao día seguinte xa  podía manter o equilibrio e a coordinación motora. O martes día 6 o voitre experimentou unha notable mellora, e xa podía comer con normalidade, pero manifestaba reaccións bruscas e de estrees ante a presenza de persoas.

Pouco a pouco, o voitre negro foi experimentando estadios de mellora ata chegar a pensar na súa inminente alta, situación que se acadou unha vez comprobada a seguridade para a ave. É dicir, os técnicos confirmaron a ausencia de exemplares da mesma especie que puidesen atacar ao voitre negro, recen incorporado na zona onde fora atopado, no dormidero de A Serra do Faro, zonas altas del Macizo Central, próximas del Parque do Invernadeiro.

Coa pequena retrospectiva que ofreceron os días que o voitre negro pasou no Centro de Recuperación, pódese ver  que grazas as actividades levadas a cabo polo persoal da Xunta, a ave pasou dunha fatiga, deshidratación e desnutrición, entre outras afeccións; a unha recuperación total que lle permitiu volver a incorporase ao seu hábitat natural.

21 de agosto de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.