publicidade hoxe

O Penedo, Teixugos, Dumbría e Val Miñor brillan no Campionato de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDumbríaLocal
A-
A+

SLÁLOM

Os padexeiros galegos galegos demostraron un gran nivel no Campionato de España de Slálom que se disputou en Pons (Lleida). O Penedo, Teixugos, Dumbría e Val Miñor deron mostras da súa calidade. Lograron catro medalas, entre elas o triunfo de Luis Fernández, en C-1 cadetes.

Foi un campionato intenso e con bos resultados. Luis Fernández, do Club Penedo, logrou a vitoria en C-1 cadetes, mentres Sara Vázquez, do Teixugos, se proclamou subcampiona en C-1 xuvenil. Iago Canosa, da Umbría, en K-1 cadete, conquistou a medalla de bronce en K-1 cadete. Todos eles traballar de forma constante no Centro Galego de Tecnificación Deportiva dirixido por Iván Silva.
A cuarta medalla foi para Marco Oureiro e Iago Canosa, do club Dumbría, que logrou proclamarse subcampions de España en C-2 xuvenil.

Ademais, Antía Loira, do Val Miñor, foi sexta, en K-1 sénior, inmediatamente detrás dos compoñentes do equipo nacional absoluto.
Outros resultados foron os seguintes:

Andrea Ucha. 4ª en K-1 xuvenil feminino Club Teixugos e padexeiro do CGTD.

Sara Vázquez. 5ª en K-1 xuvenil feminino Club Teixugos e padexeiro do CGTD.

Marco Oureiro. 7º en C-1 xuvenil masculino Club Dumbria.

Manuel Ochoa. 6º en C-1 cadete masculino. Club Teixugos e padexeiro do CGTD.

Joel Sebastián. 7º en C-1 cadete masculino. Club Tea.

Laura Alonso. 4ª en C-1 xuvenil feminino. Club Teixugos.

Uxia González. 5ª en C-1 xuvenil feminino. Club Val Miñor.

Axel Afonso. 8ºen K-1 xuvenil masculino. Club Tea.

Brais Castro. 8º en K-1 cadete masculino. Club Teixugos.

13 de agosto de 2013 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.