publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O incendio forestal de Nogueira de Ramuín está controlado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalNogueira de RamuínPortada esquerda
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que está controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil.

O lume iniciouse ás 18:29 horas de onte, quedou controlado ás 08:13 desta mañá e produciuse na superficie da ladeira oposta aos Canóns do Sil, polo que NON afectou a este espazo protexido. Segundo as primeiras estimacións PROVISIONAIS, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de arredor de 75 hectáreas, das cales 50 corresponden a superficie arborada e 25 a rasa.

Nos traballos de extinción deste incendio participan 6 axentes forestais, 19 brigadas, 6 motobombas, 2 palas, 7 helicópteros e 6 avións.

Cabe destacar que neste mesmo concello rexistráronse outros 3 lumes, todos eles na parroquia da Carballeira. Un está arestora activo e rexistrouse ás 09:35 desta mañá. Dos outros dous, un é un conato, está controlado, iniciouse ás 03:30 horas da madrugada e quedou controlado ás 05:00. O outro está extinguido, empezou ás 02:57 horas desta madrugada e quedou extinguido ás 09:11, afectando a unha superficie aproximada de 2,4 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

15 de agosto de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.