publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O GDR Terras do Deza convoca o “Certame Interritmos” para a recuperación do patrimonio cultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaDozónLalínLocalLocal PortadaRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

02082013-4A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, ven de convocar o “Certame Interritmos”, dentro do Proxecto “Interritmos: Ritmos y Pueblos”, no que participamos e  que está dirixido á recuperación do patrimonio cultural das Comunidades Autónomas de: Galicia, Castela e León, Extremadura, Andalucía e Cantabria. En concreto, este certame está encamiñado a dar a coñecer e promocionar a cultura musical tradicional dos Concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces e está destinado a músicos e/ou grupos noveis, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais.

O prazo para a inscrición dos participantes abrirase o día seguinte á publicación desta convocatoria e pecharase o 30 de agosto de 2013.

As solicitudes de inscrición están dispoñibles na páxina web do Proxecto Interritmos (www.gdrterrasdodeza.com). A inscrición deberá realizarse a través do envío a ADR Terras do Deza da solicitude adxunta debidamente cumprimentada e asinada podendo adiantala previamente ao enderezo  info@gdrterrasdodeza.com.

A audición celebrarase en Rodeiro o vindeiro 14 de setembro de 2013, no Centro Cultural “Manuel Lamazares” en horario de tarde, por determinar.

2 de agosto de 2013 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.