publicidade hoxe

O espectáculo humorístico circense de Peter Punk e o día da gaita centran a fin de semana de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLaxeLocal
A-
A+

O xoves 8 de agosto, terá lugar un novo espectáculo cultural na Praza de Ramón Juega ás 20.00 horas. Nesta ocasión contaremos cun acto humorístico e circense protagonizado por Peter Punk, artista de coñecido apodo que fai anos atrás xa ten estado en Laxe noutras programacións de verán.

Nesta ocasión, o irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis “A Chungatrona. Chungo chungo ke te cagas aínda” e coma sempre, no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua.

En caso de forte vento ou choiva, a actuación trasladarase ao Patio Cuberto de Parvulitos, enfronte da Casa do Concello.

O sábado 10 de agosto terá lugar unha nova edición do coñecido en Laxe como Día da Gaita. En concreto, será a celebración do XIV Festival de Gaita Tradicional Galega que un ano máis, organiza a Asociación Cultural Maruxía de Laxe en colaboración co Concello de Laxe e a Deputación da Coruña.

Neste festival, que terá lugar a partir das 19:00 horas na Praza de Ramón Juega, participarán os seguintes grupos de gaitas:

– Banda de Gaitas Malante – Malpica

– Gaiteiros REVIRAVOLTA – O Pino

– Grupo de Gaitas AIRES DE COMPOSTELA – Santiago

– Grupo de Gaitas O VERÁN – Mazaricos

– Grupo de Gaitas XIADA- Poboa do Caramiñal

– Grupo de Gaitas LÚA CHEGA DE SAN XOÁN – Borneiro

– Os GAITEIROS DA FONTE DE FORNELOS

– Banda de Gaitas MARUXÍA de Laxe

7 de agosto de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.