publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica as 23 estradas de titularidade municipal no Concello de Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalOímbra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba a relación e clasificación de 23 estradas de titularidade municipal do Concello de Oímbra, na 6 provincia de Ourense.

Cómpre lembrar que o Consello da Xunta do pasado 18 de xullo aprobaba esta relación de estradas do citado municipio ourensán.

A Deputación Provincial de Ourense, con data 14 de xuño de 2013, por instancia do Concello de Oímbra, solicitou a Xunta de Galicia a aprobación da relación de estradas de titularidade municipal do devandito concello, coa petición de que fosen consideradas, para os efectos da catalogación, como redes secundarias, segundo o artigo 10.4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Posteriormente, o 4 de xullo de 2013, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), emitiu o informe favorable á proposta da rede viaria deste concello ourensán.

O artigo 6 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, atribúe ao Consello da Xunta a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, en defecto do correspondente plan.

2 de agosto de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.