publicidade hoxe

O Club Penedo logrou seis medallas no Campionato Galego de Slálom que se disputou en Dumbría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDumbríaLocal
A-
A+

O Club Penedo logrou seis medallas no Campionato Galego de Slálom que se disputou en Dumbría. Logrou a cuarta posición por equipos e agora xa se prepara para o Campionato Galego de novas promesas e tamén para o Campionato de España da mesma categoría que se disputará en León.

Marcos Fortes, en C-1 e K-1 sénoir, e Luis Fernández, en C-1 cadete, foron os que lograron as medallas de ouro no campionato autonómico. A eles débense engadir outro triunfo en C-1 sénior, con Marcos Fortes, Jonatan Calvo e Cristian Núñez. Tamén lograron a medalla de prata en C-1 sénior e Jonatan Calvo foi terceiro en C-1 sénior.

O Penedo vive unha tempada histórica, despois do a vitoria de Luis Fernández Pereira en C-1 cadete. O club realizou un importante esforzo na promoción desta modalidade do piragüismo.

16 de agosto de 2013 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.