publicidade hoxe

O Barco Muralla, chega aos concellos de o Incio e Meira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMeiraO Incio
A-
A+

> A aula turística-medioambiental permanecerá nas inmediacións da Casa Consistorial do Incio mércores e xoves, para logo arribar a Meira o domingo, coincidindo coa Feira da Malla.

> Con esta embarcación, a Deputación amosa a riqueza ecolóxica lucense ós milleiros de persoas que visitan a provincia durante a tempada estival.

Visitantes na exposición

Visitantes na exposición

O Barco Muralla, a aula turística-medioambiental da Deputación que amosa a riqueza natural da provincia, chegou este mércores ás inmediacións da Casa Consistorial do Incio, onde permanecerá ata o xoves, para logo arribar en Meira, coincidindo coa Feira da Malla do domingo, tras acadar as 2.000 visitas nas anteriores citas en Monforte, Guitiriz e Burela.

A embarcación leva percorridas varias vilas da xeografía lucense, dentro do seu itinerario de verán, dando conta a milleiros de persoas do patrimonio ecolóxico lugués, ó aproveitar a súa visita a Lugo durante a tempada estival. Para elo, o Barco Muralla está levando a cabo diversas actividades para público de todas as idades, tanto no interior como no exterior da nave. Deste xeito, fóra sitúanse os talleres de traballos manuais para nenas e nenos, así como un apartado de reciclaxe onde os máis pequenos poden comezar a concienciarse na defensa do medio ambiente.

No interior da embarcación, os asistentes poden informarse sobre a diversidade ambiental da provincia, ó contar cunha sala con ordenadores portátiles. Contigua á sala de informática, tamén se atopa unha sala na que se expoñen vídeos con material informativo editados por membros da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación. Ademais, dous monitores están a guiar en todo momento a todos os asistentes, que tamén dispoñen de dípticos de información sobre as Reservas da Biosfera, e iniciativas empresariais ou formativas relacionadas co medio ambiente.

O Barco Muralla é unha iniciativa que se enmarca dentro do programa Lug0₂, financiado nun 80% por fondos europeos, que impulsa o medio ambiente como oportunidade económica.

21 de agosto de 2013 | 23:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.