publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nova Casa do Concello para Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaLugoProvinciasRibas de Sil
A-
A+
O alcalde de Riba de Sil e o Deputado de Cooperación cos Concellos

O alcalde de Riba de Sil e o Deputado de Cooperación cos Concellos

Os veciños de Ribas de Sil inauguraron a súa nova Casa Consistorial, situada na Praza Maior. Entre eles, o Alcalde Miguel Ángel Sotuela, e o Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos Ramos. A finalización destas modernas instalacións é posible grazas á aportación da Deputación Provincial que realizou unha achega de 237.963 euros con cargo a derradeira partida do Canon Hidroeléctrico.

O alcalde destacou que estas novas instalacións axústanse ás necesidades actuais dos veciños de Ribas de Sil xa que as anteriores dependencias estaban obsoletas, e as actuais permitirán ofrecer uns servizos público de calidade.

A edificación construíuse como un anexo á antiga casa consistorial. Nun principio as novas instalacións, estaban destinadas a acoller a Casa da Cultura, pero finalmente o concello decidiu que o máis axeitado sería que se empregase como casa do concello.

A nova casa consistorial conta cun salón de actos para 150 persoas, servizo moi demandado neste concello que non contaba cun espazo axeitado para a realización de actividades ás que asistise numeroso público. No mesmo edificio tamén se ubican as instalacións de arquivo e despachos. Son en total 1.000 metros cadrados de instalacións que se reparten entre soto e dúas plantas. A obra xa está dotada de novo mobiliario, de feito os empregados municipais levan días traballando nesta sede. Grazas á aportación da Deputación, acometeuse a instalación dos servizos necesarios como luz, auga e calefacción, así como a dotación de mobiliario e equipamento de traballo para público e traballadores municipais.

Última achega do canon hidroeléctrico

A Deputación foi a principal financiadora desta obra, achegando 238.000. Esta transferencia enmárcase dentro do Canon Hidroeléctrico e con ela se completa a débeda histórica da Deputación cos concellos da ribeira. Con cargo ó canon hidroeléctrico, o concello de Ribas de Sil tamén realizou outros proxectos como a compra de vehículos que empregan a nivel municipal como un camión antiincendios ou un tractor de desbroce.

A nova Casa Consistorial de Ribas de Sil é unha vella aspiración do concello que iniciou o proxecto en 2006 cunha subvención anual de vicepresidencia da Xunta, cando era conselleiro José Luis Méndez Romeu. Deste xeito, o goberno autonómico achegou 200.000 euros que se suman á contía da Deputación e a outras aportacións de fondos europeos ata sumar un total de 550.000 euros.

19 de agosto de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.