publicidade hoxe

Medio Ambiente elimina un punto de vertido de augas residuais en Alfoz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAlfozLocal
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, a través dos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) conxuntamente con persoal da Gardería Fluvial de Augas de Galicia, vén de confirmar a eliminación dun vertido de augas residuais industriais que afectaba ao entorno do río Ouro, ao seu paso polo lugar de Bacoi, no Concello de Alfoz.

O persoal dependente de Augas de Galicia, detectou o vertido de augas residuais nunha inspección previa realizada á devandita instalación industrial.

Recentemente, os técnicos dependentes de Augas de Galicia, constataron nunha nova visita que o titular da instalación optou pola conexión das augas residuais xeradas coa rede de saneamento existente na zona, que conta con depuración final na EDAR de Alfoz- Valadouro, quedando desta forma eliminado o punto de vertido ao Dominio Público Hidráulico (DPH).

17 de agosto de 2013 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.