publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Manuel Baltar visita en Cenlle a nova área termal situada en Barbantes Estación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCenlleGaliciaLocalOurenseProvincias
A-
A+
Visita ás instalacións

Visita ás instalacións

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe, acompañado polo alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, e membros da corporación a nova área termal do municipio, ubicada ao carón do paseo fluvial do río Miño en Barbantes Estación. A obra foi cofinanciada pola Deputación de Ourense cunha achega de 30.000 euros.

Esta actuación ven a sumarse a ampla oferta termal da provincia de Ourense, e supón “unha mostra do apoio por parte da Deputación de Ourense a un dos nosos recursos turísticos e naturais máis importantes como é o Termalismo”, explicou Manuel Baltar, quen destacou que o ente provincial financiará tamén nesta mesma contorna a construción dun pantalán “que permitirá ás embarcacións cruzar dun lado ao outro do Miño, recuperando así unha antiga tradición do municipio de Cenlle”.

A nova área termal –aberta ao público dende o pasado mes de xullo- está orientada á tempada de verán. Consta de tres pozas de augas mineiro-medicinais que manan a 25 graos de temperatura, e atópase entre os paseos fluviais de Laias e Barbantes. Ademais das pozas -de uso público e gratuíto- o entorno conta con vestiarios, baños, zona de merendeiro, parque infantil e biosaudable e unha cafetería con terraza.

O investimento total do proxecto ascende a 130.000 euros, dos que a Deputación achega 30.000 €, os fondos Agader 80.000 € e o Concello de Cenlle 20.000 €. Ademais, a Deputación encargouse da dirección técnica do proxecto, realizada polo Servizo de Augas e Medio Ambiente. Esta iniciativa é o primeiro paso dun proxecto máis amplo para potenciar toda a oferta termal do municipio de Cenlle, que inclúe os recursos do balneario de Laias, a creación dun circuíto permanente de orientación deportiva polo paseo fluvial de máis de tres quilómetros, e rutas de sendeirismo que percorren 45 quilómetros do termo municipal.

29 de agosto de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.