publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Esta fin de semana as actividades gratuítas de Lugoteando chegarán ao Valadouro e O Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLugoO IncioO ValadouroProvincias
A-
A+

A Deputación despraza a súa proposta de actividades lúdicas do programa Lugoteando ás zonas do Valadouro e do Incio. Nesta ocasión, as actividades das que poderán desfrutar as persoas que se acheguen maña sábado 3 de agosto ó Valadouro ou o domingo 4 ata o Incio son moi diversas. Nestes concellos da comarca as actividades que se van ofrecer son terrestres. Poderemos atopar unha ampla oferta entre a que destacamos os skates eléctricos, os long skates e os pratos fortes, o simulador de olas e o ezy roller. Estas dúas ultimas propostas son as que máis tirón teñen entre ás persoas que deciden achegarse ata os lugares nos que a Deputación leva a cabo as actividades. Por unha banda, o simulador de olas, co que as persoas poden saber o que se sinte ao cabalgar sobre as olas e o ezy roller, o patinete que está a triunfar nas grandes cidades. Este novo aparello que ten como particularidade a súa estrutura horizontal, obriga a conducilo e manexalo rente ó chan. A oferta de ocio esta deseñada para nenos e familias que teñan interese por estes proxectos. As actividades desenrolaranse ó longo de toda a tarde e darán comezo as 15:00 rematando cora ás 20:00 horas.

Máis prazas

A iniciativa que parte da Deputación ofrécelle a xente a posibilidade de facer actividades gratuítas e novidosas. As últimas prazas están a disposición dos interesados na páxina web www.deputacionlugo.com. Nesta dirección tamén se pode apuntar un para seguintes actividades que a Deputación ten preparadas para realizar ó longo dos meses de agosto e setembro. A seguinte cita será en Viveiro e Monforte, o 10 e 11 de agosto respectivamente. A forte acollida desta iniciativa nos diferentes concellos onde se desenrolan as actividades leva a Deputación a continuar apoiando esta oferta de ocio.

Con fins económicos

A Deputación aposta polos recursos fluviais e litoriais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano, potenciado o turismo e o ocio medioambiental, e xerando riqueza. Esta é a 4º edición desta programación, que foi todo un éxito nas anteriores convocatorias grazas á participación de milleiros de persoas que desfrutaron das actividades e que contribuíron a impulsar establecementos lucenses de diferente sectores (dende os de multiaventura ós da hostelería), mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

2 de agosto de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.