publicidade hoxe

Espectáculo de teatro e baile, con fins solidarios, para despedir as actividades infantís de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+
Cartel Teatro Infantil de verán

Cartel Teatro Infantil de verán

Como cada ano o Concello de Piñor, levará a cabo o acto para despedir o programa de actividades infantís do verán, sendo protagonizado polos participantes da Escola de Teatro realizada dentro do devandito programa.

O acto consiste nun espectáculo de teatro e baile, no que os protagonistas son cativos de entre 8 a 10 anos que levan ensaiando todo o verán, coa fin de entrever ó público e, sobre todo, contribuir a unha causa solidaria. Os cativos sempre escollen unha causa solidaria á que poder adicar o acto (outros anos á Asociación Española Contra o Cancro, ó Refugio Animal de Ponteareas…); este ano decidiron axudar ós seus veciños e veciñas, máis concretamente ás familias máis necesitadas do Concello de Piñor. É ben sabido que na actualidade, a crise e as dificultades económicas e laborais están poñendo a moitas familias en situación de extrema dificultade, non podendo moitas veces nin cubrir as necesidades básicas como é a alimentación. Neste eido, os cativos son conscientes desta realidade, co cal no propio acto realizarán unha “Campaña de recollida de alimentos” para estas familias (rexistradas nos Servizos Sociais municipais). O acto é gratuito, pero a idea é que toda persoa que queira axudar a estas familias poda traer ese día algún alimento ou alimentos non perecedeiros (para facilitar a súa conservación mentres non se realice o reparto dende o concello). Os alimentos que se precisan, tendo en conta as carácterísticas das familias, son os seguintes:

Leite. produtos infantís: leite en pó e potitos, pastas e arroz, alimentos en conserva (peixe,tomate…), aceite, sal, fariña e azucre.

O Concello de Piñor, nos Servizos Sociais, conta cun rexistro de familias máis necesitadas, ás cales se lles axuda con varios repartos de alimentos ó ano. Tralo acto da Escola de Teatro do Verán, nos vindeiros días, será o Concello de Piñor o que proceda ó reparto equitativo entre as familias dos alimentos recollidos. Trátase dunha iniciativa solidaria de gran valor, pois son os cativos os máximos protagonistas e organizadores, sendo un gran exemplo para todos e todas nesta materia.

O acto terá lugar o venres 30 de agosto ás 19:30h na Antiga Escola de Cotelas, animando a todo o mundo a acudir e animar a estes cativos, axudando ó mesmo tempo ás persoas que máis o precisan. Ese mesmo día tense prevista a presentación oficial do II Piñor Times, un xornal elaborado polos cativos durante o programa de actividades infantís municipal do verán e que conta con seccións moi variadas, sempre centrado na realidade do municipio e dos propios cativos. Esta iniciativa foi un auténtico éxito o ano pasado, esperando que este ano teña a mesma aceptación.

16 de agosto de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.