publicidade hoxe

En outubro estará rematado o centro das Escravas da Virxe Dolorosa de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteLocalMos
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

A obra, cuxa finalización dará como resultado unhas instalacións de 2.800 metros cadrados construídos, estase a executar segundo os tempos previstos e estímase que estea totalmente rematada, e xa en funcionamento, de cara ó vindeiro mes de novembro.

Os traballos a realizar neste centro consisten na rehabilitación do edificio preexistente, que era un antigo pazo, e no que pasarán a instalarse as habitacións de residencia das relixiosas (e que nun futuro podería destinarse a aulas de formación); así coma na creación de tres novos corpos –que son os que representan o groso e a parte máis importante da obra-, todos desenrolados en planta baixa, nos que se distrubúen dependencias de todo tipo e totalmente equipadas, tales como: aulas, ximnasio, oficinas e despachos, dormitorios, comedor, sala de estar, cociña, piscina, zona de lavandería e pranchado, zona social para as visitas das familias, dúas salas de ocio e convivencia, unha zona de enfermería e recoñecemento médico e por suposto baños.

O número de prazas é de 80 para usuarias gravemente afectadas, isto é, o novo centro disporá de 80 camas pero o número de prazas increméntase bastante se se teñen en conta as usuarias que só fan uso do servizo de centro de día.

Os exteriores do novo edificio estarán rodeados dunha zona peatonal con piso de formigón de textura áspera para que non resbale, bordeado de xeito ornamental por grava con sistema de drenaxe para as augas pluviais. Toda a construcción ríxese polos principios de accesibilidade e comodidade, e conta con instalacións totalmente adaptadas para persoas con discapacidade, tanto as áreas destinadas para uso das usuarias como as zonas de acceso exclusivo para traballadores, pretendendo ser, neste sentido, unha “obra de futuro”.

Trátase dunha construcción moi accesible e cómoda na que todos os detalles foron moi meditados. Por exemplo, os bloques 3 e 4 atópanse interconectados para mellorar o acceso das ambulancias no caso de que foran necesarias e reducindo, deste xeito, o tempo de reacción de producirse posibles emerxencias.

A construcción deste novo centro estase a realizar cun esforzo titánico por parte da congregación, que buscou financiación, donativos e demais; e fixo unha gran planificación dos traballos para poder cumprir os prazos previstos. A congregación das Escravas da Virxe Dolorosa obtivo xa unha cantidade importante para a financiación da obra deste centro, pero aínda continúa precisando de moita axuda. É por iso que está buscando, e tamén recibindo, moitas formas de colaboración, tanto económica como alimentaria, suscripcións, petos, campañas de rifas en establecementos e parroquias, un concerto benéfico en Mos organizado pola Coral Polifónica Ventos do Val, etc. Agora mesmo atópanse inmersos na organización, por parte da congregación, dunha xornada lúdico ferstiva e gastronómica que será culminada coa actuación benéfica da orquestra Panorama e que terá lugar o vindeiro 20 de outubro.

Ademais, os interesados en facer doacións ás Escravas da Virxe Dolorosa poden sumarse o proxecto ingresando calquera cantidade na conta bancaria de Novagalicia Banco  2080 5028 79 3040004699.

Datos sobre a congregación

Os seus obxectivos para o presente ano 2013 son atender, manter e dar servizo ás mulleres que residen no centro a pesar dun presuposto moi reducido; poñer en marcha un novo proxecto para a congregación, valendo este ano como período de formación e elaboración de novas prácticas na inclusión socio laboral de persoas con minusvalidez que residen noutros centros da entidade e con calidades e formación axeitada para iniciar unha vida laboral con este novo proxecto; e construír unha nova infraestrutura unida ao centro actual, cun presuposto que ascende a 2,5 millóns de euros, obxectivo este último que xa se está a cumprir.

A Congregación de Escravas da Virxe Dolorosa é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo carisma e labor é a entrega incondicional a mulleres desamparadas, mulleres solteiras con fillos, mulleres maiores e mulleres con minusvalidez intelectual. A súa principal misión é favorecer o desenvolvemento persoal destas mulleres e garantir a súa dignidade.

Este labor lévase desempeñando dende hai máis de 75 anos e repartida por moitas provincias e mesmo cidades do estranxeiro. Despois de atender en só este ano, un número aproximado de 800 persoas.

Neste centro de Crecente, aténdese a unha media de 65 mulleres con minusvalidez gravemente afectadas, durante 365 días ao ano, 24 horas ao día. Para levar a cabo este labor, cóntase con 36 traballadores e traballadoras. A Congregación financia os seus centros, proxectos, programas e actividades, con fondos propios, subvencións, contratos coa administración e doazóns de persoas individuais.

26 de agosto de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.