publicidade hoxe

Dodro convoca o XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocalXuventude
A-
A+

O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega,convoca a XXVI edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.

Poderán concorrer a este certame as/os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. O prazo de presentación das obras remata o día 4 de novembro do ano 2013.

A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros.

2 de agosto de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.