Cursos intensivos de inglés en Dodro
A Concellería de Xuventude e Familia de Dodro organiza uns cursos intensivos de inglés baixo o lema “ Aprende a falar inglés-Porxecto + Linguax” cofinanciados pola Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado e o Concello de Dodro.
Os cursos serán intensivos do 2 de setembro ao 15 de outubro, van dirixidos a mozas/os de Dodro de ata 35 anos, basearanse principalmente na conversa e haberá dous niveis, inicial e avanzado.
Os/as mozos/as interesados poderán realizar a inscrición na OMIX de Dodro ata o 23 de agosto.