publicidade hoxe

Concerto da Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCelanovaLocal
A-
A+

Mañá sábado actuará a Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela en Celanova. Dentro dun programa financiado polo AGADIC, o colectivo realizará un desfile polo centro da vila e posteriormente ofrecerá unha actuación no Claustro Barroco na que participarán tódalas súas seccións, coro, corpo de baile, pandereteiras e grupo instrumental.

Unhas das agrupacións folclóricas máis antigas de Galicia

A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesa cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.

Cantigas e Agarimos é, ante todo, tempo e historia, pero tamén presente e futuro. Canto coral, canto tradicional, baile, teatro, música, escola, formación, premios, mencións, xiras…, estes son os 90 anos desta Agrupación, unha historia que ten que ser coñecida para poder ser valorada e así non ser esquecida.

9 de agosto de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.