publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Catro persoas detidas coma presuntos autores de incendios forestais na provincia de Ourense

A Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Ourense  vén de informar da detención de catro veciños dos concellos de Carballiño, Pereiro de Aguiar e Xunqueira de Ambía por delitos relacionados con incendios forestais.

No primeiro dos casos, os axentes ourensáns procederon á detención de dous veciños do Carballiño, como presuntos autores dun incendio forestal imprudente mentres realizaban traballos de soldadura nunha vivenda da parroquia de Partovia próxima ao monte.

Polas mesmas causas tamén se detivo a outro veciño de Pereiro de Aguiar ao que se lle imputa un incendio producido no concello de Maside. En ambos incendios tiveron que actuar os servizos de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia para que non se propagasen as lapas. Polos feitos tramitáronse dilixencias ao Xulgado de Instrución de garda do Carballiño.

Finalmente, o equipo de Investigación de Incendios ourensá detivoa un home de Xunqueira de Ambía, como presunto autor dun incendio forestal nas inmediacións do campo de fútbol da localidade, nas que realizaba traballos de limpeza sen adoptar as medidas de seguridade pertinentes. As dilixencias deste caso remitironse ao Xulgado de Instrución de garda de Ourense.

No que vai de ano, un total de 69 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

17 de agosto de 2013 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.