publicidade hoxe

Casás, en Cerdido, acollerá a 7ª Malla Tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCerdidoLocal
A-
A+

Os próximos días 7 e 8 de setembro, a Asociación Cultural Restauracións Amigos dos Casás celebrará a sétima edición da tradicional malla.

O sábado día 7, pola tarde haberá exposición de maquinaria restaurada e pola noite haberá troula.

O domingo día 8 será o día grande e haberá actividades durante todo o día. A partir das 11:00 horas comezará a malla. As 13:00 horas celebrarase unha sesión vermouth coa orquestra musical setenta e a partir das 14:30 horas as persoas que queiran poderán xantar por un prezo de 15€. O menú consistirá en paella, churrasco, postre pan e viño. Despois da comida haberá música de novo a cargo da solista Tania. Durante todo o día tamén se poderá visitar a exposición da maquinaria restaurada e de coches antigos.

28 de agosto de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.