publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Campaña de compostaxe doméstica na Bola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

O concello de A Bola, xunto coa Deputación de Ourense van poñer en marcha unha experiencia que ten como finalidade promover a compostaxe doméstica.

Os requisitos serán os seguintes:

•Estar empadroado e ter a vivenda habitual no concello de A Bola

•Dispor dun espacio con chan de terra (patio, xardín, horta…)

•Aceptar as condicións de participación na experiencia: asisitir a unha charla informativa e atender as visitas de seguimento que os técnicos realicen deste programa.

O número de composteiros dispoñíbeis é de 20, e se se superasen as solicitudes habería unha lista de agarda, que se terá en conta no caso de sobrar compostadores.

O criterio de entrega de composteiros será por orde de inscripción e tamén se terá en conta se dispoñen de compostador doutras campañas.

Unha vez asignados procederase á súa entrega, e farase un seguimento dos composteiros entregados.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas xerais do concello ou chamando ao teléfono: 988451293 no horario de atención ó público.

Recollida de solicitudes de inscripción ata o 16 de agosto de 2013.

Data e horario do curso de formación: martes 20 de agosto de 2013 ás 17:30 horas.

Lugar: Salón social do baixo do Concello (Campo de Veiga nº 4)

7 de agosto de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.