publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras que se realizarán na ponte no Concello de Bande darán maior seguridade e amplitude de paso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeGaliciaLocalLocal PortadaMuíñosOurensePortada dereitaProvinciasXinzo de Limia
A-
A+
Punto concreto da estrada OU-301 no que se vai actuar

Punto concreto da estrada OU-301 no que se vai actuar

O prazo de execución desta actuación é de 4 meses e ao seu remate beneficiará aos case 5.000 veciños de Bande, Porqueira e Muíños. Con esta actuación amplíase en dous metros a sección da calzada na ponte, que pasará de ter unha sección de 7,40 metro. Prevese un investimento de case 135.000 euros.

>>>>>>>>>>

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou á empresa Rafer as obras de ampliación da ponte sobre o couce de Rego de Lamas, no Concello de Bande. Esta infraestrutura é un pontón localizado no punto quilométrico 27+360 da estrada Xinzo-Bande (OU-301), que se encadra dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) prevé un investimento de case 135.000 euros.
A ponte existente é unha obra de fábrica de pedra cunha única bóveda semicircular de sillería de granito. A anchura da calzada na parte central da bóveda, entre peitorís, é de 5,40 m. Coa intervención da Consellería de Medio Ambiente, esta estrutura incrementará o seu ancho en dous metros, é dicir en case un 40%, polo que a calzada pasará a medir 7,40 metros.

Ao mesmo tempo, realizaranse as obras necesarias para incrementar a estabilidade do pontón, así como para selar as fisuras localizadas e reparar os fallos inventariados, que aínda que non afectan á estabilidade da ponte é conveniente reparar. Para elo, procederase á limpeza do paramento do muro e ao adosado un novo muro de cachotaría.

En relación coas unidades de obra, será necesario mobilizar 750 m2 de fresado, case 180 m3 de formigón e estender 30 toneladas de mestura bituminosa quente, así como mobilizar máis de 230 m3 en material de escavación.

A Axencia de Infraestruturas establece no prego de contratación un período de 4 meses para a execución das obras, que comezarán a finais do mes de setembro e que beneficiarán directamente aos habitantes do Concello de Bande; pero que, ao seu remate, mellorará a comunicación de máis de 5.000 veciños dos concellos de Bande, Porqueira e Muíños.

31 de agosto de 2013 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.