publicidade hoxe

As obras da residencia das Escravas da Virxe Dolorosa de Crecente marchan a bo ritmo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteLocalLocal PortadaMosPontevedraProvincias
A-
A+
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou as obras

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou as obras

A delegada territorial da Xunta en Vigo, acompañada dos alcaldes de Crecente e de Mos, visitou hoxe as obras que se están a executar na residencia que a Congregación das Escravas da Virxe Dolorosa posúe no concello de Crecente.

Na actualidade, esta residencia acolle no seu centro de Crecente a 66 mulleres con discapacidade severa, ao que hai que engadir o Centro que tamén ten en Mos cunha capacidade para 70 residentes. Unha vez finalizadas as obras, cuxo remate está proxectado para outubro, o inmoble contará con 80 prazas, así como un centro de día.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, colabora con esta institución a través de distintas axudas para o seu mantemento que no ano 2013 acadaron un importe de 250.000 euros.

23 de agosto de 2013 | 23:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.