publicidade hoxe

As agrupacións de Agolada e Tui participan no Festival de Bandas de Música de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaCalendarioLocalLocal PortadaTui
A-
A+
Banda de Música Popular de Tui

Banda de Música Popular de Tui

A Praza de San Fernando acolle mañá mércores, ás 22.30h, o Festival de Bandas de Música organizado pola Concellería de Cultura de Tui. Este ano van actuar, nesta cita xa clásica do verán tudense, a Banda de Música Municipal de Agolada xunto á Banda de Música Popular de Tui.

A Banda de Música Municipal de Agolada  creouse en 1993 para recoller a tradicional musical do municipio que con anterioridade representaran as bandas de Artoño, Baíña, Ventosa e Brántega. No seu haber conta con distintos premios coma os do Certames de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra que gañou en 2001, 2002 na sección terceira, en 2008 e 2009 na sección terceira. Tamén lograron o 3º premio no Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia entre outros. Na actualidade conta con 50 compoñentes cunha media de 20 anos de idade e está dirixida por Nilo Jesús García Armas.

Mentres a Banda de Música Popular de Tui  afunde as súas raíces a finais do século XIX, e tras varias vicisitudes, mantén unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salmanca, Asturias,  Madrid ou Bos Aires. Ten participado amais en varios programas de televisión.  Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas. Na actualidade o seu director é Adolfo Besada Álvarez e banda está integrada por 60 músicos.

13 de agosto de 2013 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.