publicidade hoxe

Apoio á comercialización dos produtos autóctonos na 5ª Feira de produtos típicos de San Román de Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCervantesLocalLugoProvincias
A-
A+

A Deputación de Lugo colabora, un ano máis, coa posta en marcha da Feira de produtos típicos de San Román, no Concello de Cervantes, cunha axuda de 3.000 euros, con cargo ó seu Plan Estratéxico de Subvencións. A institución provincial reafirma así o seu compromiso con este evento, que chega á súa quinta edición, apostando polo consumo e a comercialización dos produtos autóctonos de calidade.

A programación prevista comezará o día 9 de agosto, ás 12:00 horas, cunha actuación musical da Agrupación de nenos “Os Xardois” do CEIP da Ponte de Doiras, á que seguirá unha sesión vermouth, ás 13:00 horas, amenizada coa actuación do Grupo Enigma. Xa pola tarde, están prevista a celebración de xogos tradicionais, e un torneo de fútbol, como en anos anteriores. Posteriormente, sobre as 20:00 horas, terá lugar a tradicional degustación de polbo, churrasco, e outros produtos gastronómicos típicos da zona. Ó remate desta, dará comezo a verbena coa actuación do Grupo Enigma.

A Deputación de Lugo mantén o seu compromiso de colaborar activamente neste tipo de iniciativas, xa que ademais de crear vínculos culturais comúns para a poboación dos Concellos nos que celebran e nos limítrofes, tamén contribúen a dinamizar a economía dos mesmos grazas á afluencia de visitantes chegados dende diferentes puntos de toda a provincia.

8 de agosto de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.