publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aínda que activo, estabilizado e sen chama o incendio forestal que afecta aos concellos de Quiroga e Larouco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLaroucoLocalPortada esquerdaQuiroga
A-
A+

Arestora continúa activo, malia que estabilizado e sen chama, o incendio forestal iniciado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Vilanuíde, e que tamén afectou á parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco.

Así o confirmou este mediodía a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, desde o Posto de Mando Avanzado no que se coordinan as tarefas de extinción. A conselleira –que estivo acompañada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto– indicou que actúan na zona 2 helicópteros e que no momento en que a néboa permita que se incorporen os demais medios aéreos o farán.

A titular de Medio Rural e do Mar sinalou tamén que segundo datos preliminares a superficie afectada polo lume se sitúa arredor das 500 hectáreas. Destacou tamén que na extinción deste lume traballaron todos os medios dispoñibles (máis de 36 brigadas, 18 motobombas, efectivos da UME, 8 avións e 8 helicópteros), cunha excelente coordinación e sinalou que “en principio, o perigo pasou”.

O lume comezou ás 17:20 horas de onte domingo e ás 13:03 horas de hoxe quedou desactivado o nivel 1, decretado onte ás 20:30 horas pola Consellería do Medio Rural e do Mar como medida preventiva pola súa proximidade aos núcleos de poboación.

12 de agosto de 2013 | 15:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.