publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ábrese o período de caza do réxime especial do paspallás, pombo torcaz e rula común nos tecores da antiga Lagoa de Antela (Ourense)

Os tecores nos que se poderá exercer o período de caza tamén coñecido como Media Veda son os de Rairiz de Veiga, Alto Limia, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía , Sandiás, Trasmiras, Carreiro Ladrón, Porqueira e Vilar de Barrio. Tal e como se establece na orde de caza de 2013, as modalidades autorizadas son as de caza en man e ao salto con escopeta e cans, e cada cuadrilla autorizada estará formada por un máximo de 4 cazadores permitíndose un total de 15 por xornada. O período de permiso desta modalidade de caza, só existente nesta provincia, remata o 15 de setembro.

>>>>>>>>>>

Recoméndase o uso dun chaleco de alta visibilidade, durante o desenvolvemento da cacería e recórdase que está prohibido cazar e deambular con cans soltos fóra dos límites do cuartel de caza, así como atraer ou espantar a caza existente en terreos contiguos coa finalidade de cazala dentro do cuartel

A Xunta de Galicia abre hoxe o período de caza do réxime especial de paspallás (Coturnix coturnix), pombo torcaz (Columba palumbus), e rula común (Streptopelia turtur) nos tecores da antiga Lagoa de Antela, na provincia de Ourense. Trátase dunha modalidade tamén coñecida como Media Veda, que só existe nesta provincia ourensá. Os nove tecores nos que está permitido esta actividade cinexética, os sábados e domingos, son: Rairiz de Veiga, Alto Limia, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía , Sandiás, Trasmiras, Carreiro Ladrón, Porqueira e Vilar de Barrio.

Segundo se recolle nas condicións establecidas na orde anual de caza do 26 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, poderán cazar nas modalidades de caza en man e ao salto con escopeta e cans. Cada cuadrilla autorizada contará cun máximo de 4 cazadores, permitíndose un total de 15 por xornada, cun tope de capturas por cazador e día de 10 exemplares de paspallás, 5 de pombo torcaz e 5 de rula común.

O horario para practicar esta actividade, cuxo período rematará o 15 de setembro, será o comprendido entre ás 08:00 horas e as 21 horas, cunha interrupción nas horas de máxima insolación (entre as 12 e as 17:00 horas).

Obrigas e recomendacións

Ao inicio de cada xornada, no lugar de reunión, un responsable da cacería designado polo representante da entidade titular do tecor, deberá elaborar unha relación de cazadores (indicando nome e DNI) e recoméndase o uso dun chaleco de alta visibilidade, durante o desenvolvemento da cacería.

Recordar que se prohibe a caza e deambular con cans soltos fóra dos límites do cuartel de caza, así como atraer ou espantar a caza existente en terreos contiguos coa finalidade de cazala dentro do cuartel. Tamén queda prohibido a caza en terreos que non teñan a colleita recollida, e nas zonas de seguridade.

Por último, o responsable de cada cuartel deberá realizar o control de exemplares abatidos segundo a especie, ao termino do período de mañá e de tarde de cada xornada e remitir posteriormente ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense un parte, por cada día hábil, das pezas abatidas e cobradas.

24 de agosto de 2013 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.