publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A vila que o viu medrar a Ramón Piñeiro convérteo en fillo predilecto de Láncara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLáncaraLocalLugoProvincias
A-
A+

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quixo estar presente hoxe no acto que se celebrou en Láncara onde se lle rendeu homenaxe ó literato Ramón Piñeiro. Na xornada, tamén se fixo entrega de 3 títulos máis a figuras que tiveron unha relevancia notable nas súas carreiras profesionais, como é o caso do doutor especialista en pediatría, José Peña Guitián.

No evento celebrado na vila da comarca de Sarria estiveron presentes familiares de Piñeiro para formar parte deste acto que recoñece a importancia da súa figura na historia do país. O premio honorífico o que pon de manifesto é que Piñeiro, natural de Láncara, foi un dos persoeiros máis representativos da historia do século XX. Piñeiro demostrou dende ben novo o seu compromiso coa lingua e coa cultura da terra. Esta inquedanza fai que Piñeiro se relacione con personaxes como Castelao ou Alexandre Bóveda. O lucense pasou a formar parte das primeiras asociación políticas e movementos socioculturais que xurdiron logo da guerra civil, sendo no ano 1944 cando o intelectual lugués participa de xeito clandestino na reorganización do galeguismo dende París, onde permanece exiliado. Logo de estar no cárcere, no 1950, funda unha das editoriais con máis peso no mundo da literatura galega, a editorial Galaxia.

Gomez Besteiro salientou que a figura de Piñeiro é de grande importancia na historia de Galicia afirmando que “a loita polos dereitos políticos, culturais e sociais dos galegos determinaron a vida do lucense que se dedicar a tempo completo a proxectar e difundir a verdadeira esencia do que significa ser galego” e que isto “é algo que lle debemos ó lucense”.

12 de agosto de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.