publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e concello de Muíños colaborarán na restauración e mellora do núcleo do barrio de Barxés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaMuíños
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Muíños colaborarán na restauración e mellora do núcleo do Barrio de Barxés. Así se recolle nun convenio de colaboración entre o departamento responsable do Urbanismo da Xunta de Galicia e o Concello de Muíños, asinado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde, Plácido Álvarez Dobaño. Esta colaboración implica un investimento de 106.000 euros e forma parte dunha das principais liñas de accións da Consellería, como é a posta en valor do Plan hUrbe en colaboración coas entidades locais.

O concello de Muíños trasladou á Administración autonómica a necesidade de afrontar unhas obras de restauración e mellora do núcleo rural do Barrio de Barxés, xa que se trata dun núcleo integrado case na súa totalidade por edificacións tradicionais e con varios elementos protexidos incluídos no catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muíños.

Asemade, os habitantes carecen dunha serie de servizos debido o cambio das actividades que se desenvolvían, dado que antigamente a poboación dedicábase principalmente as labores agropecuarias, o que implicaba que nos baixos da maioría das edificacións desempeñábase unha actividade gandeira a través dos curros domésticos (unhas poucas cabezas de gando vacún, porcino, etc.). Esta situación facía que as rúas e prazas tiveran uns acabados acordes coa antedita actividade, pero non coas necesidades das persoas.

Coa execución desta mellora, respóndese ás demandas dos habitantes de actualizar e revitalizar os espazos como punto de encontro e ocio, sen perder o valor deste núcleo no que se atopan as zonas máis tradicionais, así como o agrupamento de moitos elementos arquitectónicos e urbanísticos necesarios.

Esta mellora ou humanización preténdese conseguir coa conseguir coa adecuación ou acondicionamento de este espazo en canto aos acabados dos pavimentos e coa dotación de elementos de mobiliario urbano.

Con todo isto conseguirase a adecuación, a revitalización e a recuperación dos espazos públicos do ámbito mencionado, para uso e disfrute dos seus habitantes, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida

Obrigas das partes

En base á colaboración asinada esta tarde, a Consellería de Medio Ambiente participará no financiamento da actuación recollida neste convenio, e aportará unha achega máxima de 65.000 euros, é dicir, máis dun 60% do total do investimento.

Pola súa banda, o Concello de Muíños aportará o orzamento restante (41.300 euros) e redactará o proxecto que defina as obras a executar e levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección, control e recepción das obras descritas no documento técnico. Tamén realizará as xestións pertinentes para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias.

Medio millón de euros na recuperación de espazos públicos

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que a actuación comprometida hoxe súmase a outras tres xa executadas e que implican un investimento de case 500.000 euros.

Estas actuacións implicaron o acondicionamento de espazos públicos en A Abelleira, nos que se investiu un importe de 144.000 euros; o acondicionamento no Rañadoiro cun investimento de case 170.000 euros e, por último, a posta en valor e mellora de espazos públicos en Mugueimes, ao que se destinaron case 184.000 euros.

Lembrou que estas actuación seguen a liña e a política de acción do Plan hUrbe, un programa co que o goberno galego puido levar a cabo máis de 60 actuacións noutros tantos concellos galegos e que se traducen nun investimento de 86 millóns de euros para os municipios. No obstante, sinalou que estas cifras só teñen importancia na medida en que responden ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no media rural.

1 de xullo de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.