publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xornada de portas abertas no Centro de Atención ao Peregrino de Hostalería Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaO Pino
A-
A+

O Centro de Información ao Peregrino de Hostelería Compostela, no concello do Pino, onde o persoal deste colectivo empresarial atende aos peregrinos que fan o Camiño Francés, precisamente na etapa anterior á súa chegada a Santiago, reforza estes días o seu servizo con dous membros do voluntariado xuvenil do Pino, que acompañan a Mario López no traballo de asesoramento e información aos camiñantes, nesta época de máxima afluencia de peregrinos.  

Mañá, unha das xornadas do ano de maior afluencia de peregrinos, ás 10:30 horas, imos facer unha xornada de portas abertas no Centro de Información ao Peregrino de Hostelería Compostela, para que poidades coñecer de primeira man o espazo, o persoal e os servizos que ofrece aos peregrinos que se achegan a Santiago para celebrar as Festas do Apóstolo 2013.

En palabras de moitos viaxeiros que usan os seus servizos, o Centro de Información ao Peregrino de Hostelería Compostela é “un oasis no medio do Camiño Francés pola calidade e a atención dos servizos prestados”. Neste espazo poden obter información sobre a cidade e os arredores, as diferentes rutas xacobeas, os horarios de museos e outros lugares de interese e mesmo facer as súas reservas en establecementos de hospedaxe e restauración de Santiago e da Comarca e mesmo decicidr continuar a peregrinación até Fisterra e Muxía.  

24 de xullo de 2013 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.