publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

X Festa dos Veciños do Concello de Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalPiñor
A-
A+

12072013-6Chega a décima edición da tradicional Festa dos Veciños do Concello de Piñor.

Este ano a parroquia organizadora de dito evento é a de San Xoán de Coiras.

A data de celebración é o domingo 21 de xullo e será no campo da festa de Coiras.

Xa podes mercar a túa entrada ós membros das asociacións de veciños do concello ou nos seguintes locais:

- Bar O Refugio (Cotelas)

- Bar Cabana (Freás)

- Bar Ojea (Arenteiro)

- Gasolinera Ateneo (O Reino)

- Bar de Coiras (Coiras)

O prezo son 22 €/ persoa, e o menú é o seguinte: empanada, pulpo, carne ó caldeiro, postre e café. Para os menores de 12 anos o prezo do menú é de 11 €.

A tarde estará amenizada por un grupo musical.

Non perdas esta xuntanza popular, agardamoste en Coiras!!!

12 de xullo de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.