publicidade hoxe

Vilaboa conmemora cunha conferencia sobre Rosalía de Castro o 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilaboa
A-
A+

03072013-2A Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, dentro da programación do ciclo Vilaboa Comunicación, organiza para este vindeiro xoves 04 de xullo a conferencia “Rosalía de Castro e Nós”, profesor, concelleiro en Pontevedra e tamén estudioso da obra de Rosalía, Luis Bará, o cal tamén é veciño do concello de Vilaboa.

“Con esta conferencia queremos acercar, neste ano de conmemoración do 150 aniversario da publicación da obra Cantares Gallegos, a vida e obra de Rosalía a todos os veciños e veciñas de Vilaboa, e de que mellor maneira que cunha conferencia do estudioso da autora e veciño noso, Luis Bará”, afirmou Tomás Boullosa, concelleiro de Cultura.

O acto, aberto a toda a cidadanía, contará coa presentación do concelleiro de Vilaboa, Xabier Míguez é será ás 21h no Local Social de Figueirido.

3 de xullo de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.