publicidade hoxe

Verín e Vilardevós promoven a primeira andaina ‘Ruta dos Carros’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerínVilardevós
A-
A+

O vindeiro 13 de xullo terá lugar a primeira andaina ‘Ruta dos Carros’, organizada polos concellos de Verín e Vilardevós, Asociación de sendeirismo Ruta das Augas, coa colaboración de Cabreiroá e Eurocidade Chaves-Verín.

A andaina, cunha distancia de 16 quilómetros e dificultade media, percorrerá o ‘Camiño dos Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), e que foi rehabilitado nos últimos meses polos alumnos/as dos módulos de xardinería e carpintería do obradoiro de emprego ‘Pozo do Demo’.

Neste camiño, que antes da súa remodelación atopábase desaparecido nalgúns tramos polo crecemento da vexetación, perduran as rodeiras que os carros foron labrando nas rocas do lugar como se trataran de petroglifos. A rehabilitación, situado no paraxe natural do Pozo do Demo, contemplou actuacións de limpeza, desbroce e retirada de escombro, regularización e estabilización de pavimentos, implantación de sinalética no mesmo -tamén de mesas interpretativas coa fauna, flora e historia do lugar-; colocación de valado de madeira, escaleiras ou pasos de madeira destinados a aportar seguridade aos/ás sendeiristas, execución e colocación de bancos de madeira nas zonas de lecer destinadas a miradoiros. Devandita remodelación tivo como fin a recuperación deste camiño e a súa transformación nunha ruta de sendeirismo que, ademais de completar outras rutas existentes na zona, servirá de lanzadeira para recobrar e potenciar o interese paisaxístico, histórico e cultural que o ámbito contén grazas a elementos como diversos castros que perduran na zona ou ao Pozo do Demo.

A saída será ás 19 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes (R/Irmáns Moreno s/n), e para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes do venres 12 de xullo en Multisport Verín (R/Irmáns Moreno 19 ou nos teléfonos 988-414423 e 600-410018) ou Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade (situado na casa consistorial de Verín ou no 988-410000).

2 de xullo de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.