publicidade hoxe

Veciños de Dodro coñecen as Illas Cíes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Participantes na excursión ás Illas Cíes

Participantes na excursión ás Illas Cíes

O pasado sábado 13 de xullo un grupo de 150 persoas foron á excursión ás Illas Cíes. A saída do concello foi ás 09:00 da mañá para coller o barco en Moaña ás 10:30 e chegar a Cíes ás 11:30 horas.

Na illa comezouse a ruta de sendeirismo do Faro ás 12:00 horas e rematouse ás 14:00 horas. Logo houbo tempo para comer, descansar e disfrutar da praia. Pola tarde comezouse a ruta do Alto do Príncipe ás 16:00 horas para retornar ás 17:00 horas.

Ata as 19:00 horas que estaba fixado o embarque, os excursionistas tiveron tempo de bañarse e disfrutar da illa.

O día presentouse cunha temperatura agradable para poder bañarse e pasear pola praia.

O grupo chegou de volta a Dodro ás 21:30 horas.

Á excursión foi o alcalde Valentín Alfonsín, a tenente de alcalde Marisol Boga, o concelleiro de deportes José Núñez e o concelleiro de obras Maximino Rodríguez.

16 de xullo de 2013 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.