publicidade hoxe

Valentín González visita as obras do complexo multifuncional da Canle IV

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

As obras no novo complexo multifuncional do Concello das Pontes, ubicado na Canle IV, enfilan a súa recta final. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e mailo concelleiro de obras, Antonio Lourés Rebolo comprobaban “in situ” o estado das obras que avanzan a pasos axigantados, e que presumiblemente estarán finalizadas este mesmo verán para entrar en funcionamento xa en setembro.

Tal e como apuntaba González Formoso, a intención do executivo local con estes traballos era poñer en valor un complexo que contaba con goteiras e múltiples defectos e que, a día de hoxe, da man destas obras de mellora, prestarán un importante servizo á cidadanía.

Según explicou o primeiro edil, o complexo multifuncional do Concello das Pontes agrupará as dependencias da Policía Local, Protección Civil, a oficina do DNI, Medio Rural, Catastro, e o grupo de acción local Euroeume. Asemade, González Formoso adiantaba que, ao ceder un espazo importante destas dependencias a oficinas da Xunta de Galicia, estase a negociar precisamente co executivo autonómico a cesión ao concello das antigas oficinas da Cámara Agraria, ubicadas a carón do Mercado Municipal.

A montante final da actuación quedará en 650.000 euros dos que 550.000 aportounos a Deputación provincial. Fondos que se destinaron, na súa totalidade, á adaptación da antiga estación de autobuses para novos usos administrativos. Asemade, actualmente xa se conta cunha nova marquesiña para dar servizo aos viaxeiros que empregan as liñas de transporte en autocar.

5 de xullo de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.