publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O lugar de Torres, no Concello de Vilarmaior, contará cunha rede de saneamento mellorada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalVilarmaior
A-
A+

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisou esta mañá os traballos de execución das obras da rede de saneamento da parroquia de Torres, nos núcleos de Gabín, As Coruxas, Goián, Sobrado, Belsar, Picote e Pazos, do Concello de Vilarmaior (A Coruña).

Augas de Galicia licitou esta obra por un importe de máis de 580.000 euros e foi adxudicada á empresa Aquagest. A actuación que poderá estar rematada a finais deste mesmo ano ou a comezos de 2014, en función da climatoloxía.

En calquera caso, o conselleiro salientou que en poucos meses as obras arranxarán os problemas de saneamento que sofren na actualidade e poderían padecer no futuro os veciños destes núcleos.

Para levar a cabo esta actuación é necesario construír unha rede de 11 colectores de PVC de 315 milímetros cunha lonxitude total de case tres quilómetros. A dita rede conectarase cun colector xa existente, que finaliza nunha depuradora executada recentemente polo Concello de Vilarmaior.

A depuradora consta dunha fosa séptica con filtro biolóxico, dimensionada para dar servizo á totalidade da parroquia de Torres.

Cabe sinalar que, neste momento, os núcleos non contan con rede de saneamento nin sistema de depuración colectivo, polo que as augas residuais das vivendas verten actualmente a fosas sépticas, pozos negros ou directamente á rede de pluviais.

16 de xullo de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.