publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O espectáculo de títeres “Lume” invadirá a praza de Ramón Xoga en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

Dende a Concellería de Cultura comunican que mañá, xoves 1 de agosto, terá lugar un novo espectáculo cultural na Praza de Ramón Xoga ás 20 horas. Nesta ocasión contarase cun acto de títeres protagonizado pola compañía de Títeres Babaluva chamado LUME.

Durante o espectáculo, dúas titiriteiras recrean un bosque cos seus animais para contar, con títeres de obxectos, unha historia de sensibilización ambiental.

Nun bosque onde vivían moitos animais algo sucedeu que fixo ladrar ao can. Chegou unha chama de lume cunhas ganas de facer un incendio… Para descubrir o desenlace desta historia, animamos tanto a adultos como a pequenos e pequenas a achegarse a esta cita. En caso de mal tempo a actuación trasladarase ao Patio Cuberto de Parvuliños, enfronte da Casa do Concello.

Aproveitar a ocasión para anunciar que xa está unha data pechada coa empresa para a actuación que se suspendeu o pasado 25 de xullo como consecuencia do tráxico accidente ferroviario en Santiago de Compostela. O mércores 21 de agosto terá lugar a actuación dos 7 magníficos máis un en Laxe.

O dúo de artistas que forman o espectáculo, achegarán a Laxe un espectáculo cómico para público familiar que recupera as farsas de circo clásico e as reinventa, trasladando ao espectador ás máis grandes gargalladas baixo o prisma da calidade e do bo facer. Se as condicións climatolóxicas o permiten, está previsto realizalo na Praza de Ramón Xoga, ás 20:00 horas. En caso de choiva, a actividade tamén se trasladará ao Patio Cuberto de Parvuliños.

31 de xullo de 2013 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.