publicidade hoxe

O Concello de Vilaboa celebra a I Romaría de Productos do Campo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilaboa
A-
A+

O Concello de Vilaboa celebrará o próximo día 20 a I Romaría de Productos do Campo. Con esta iniciativa, que se desenvolverá durante toda a xornada na aldea de Postemirón, situada a escasa distancia do Lago de Castiñeiras, quere darse a coñecer o que é a agricultura ecolóxica, que importancia ten esta para a nosa saúde e a saúde do medio ambiente, onde poden encontrar os consumidores estes produtos e ofrecer aos produtores un espazo para a venda.

Esta idea nace dun grupo de xente que traballan a Veiga do Palheiro en Postemirón dunha maneira artesanal e sen aplicar agro-químicos. Este grupo de persoas pretende reivindicar a dignidade de vivir no campo e presentar isto como unha alternativa económica.

O Concello de Vilaboa ten unha grande riqueza hortícola desde sempre e esta estase vendo abandonada con o progresivo abandono do campo. Esta romaría tamén quere servir, ademais de para dar a coñecer a horta ecolóxica, para promocionar os productos do campo de Vilaboa, onde destacan, entre outros, as cebolas.

Durante a xornada do día 20 haberá venda de productos agrícolas dos veciños e veciñas de Vilaboa e productos de orixe ecolóxica, haberá venda de artesanía e para completar haberá duas charlas de mañán, con Adela Figueroa sobre que é a agricultura ecolóxica, e outra con Belén Fervenza sobre remédios naturais para a tua horta. Xa pola tarde haberá un curso para o cultivo de cogumelos na casa, e a presentación do proxecto A Horta de Agrelo de Bueu, que se trata dunha experiencia de auto-emprego sostible. Durante todo o día haberá venda de comida e bebida, animación para os máis pequenos e actuacións musicais con Os Borrateiros de Figueirido, A Canteira de Paredes e Airiños da Fracha.

Coa finalidade de explicar esta iniciativa máis polo miúdo convocamos unha rolda de prensa para o mércores día 17 de xullo às 12h no Concello de Vilaboa.

15 de xullo de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.