publicidade hoxe

O Concello de Laxe adquire novos bafles para o equipo de son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

O Departamento de Cultura e Benestar do Concello de Laxe, ten a ben informarlles de que a partir do presente mes de xullo, grazas á subvención percibida da Excma. Deputación de A Coruña, dentro da convocatoria de Programas de Apoio á Cultura e ao Deporte dirixidos a concellos para actividades e investimentos durante o ano 2012, as actividades municipais contarán cunha importante mellora na súa calidade sonora. Con esta axuda, o Concello de Laxe puido adquirir e substituír os bafles do actual equipo de son (deteriorados xa polo uso), mellorando en consecuencia as potencialidades de amplificación da mesa de son da que dispoñemos.

Grazas a esta nova adquisición, dende o Concello de Laxe, poderemos:

– Mellorar as potencialidades e cualidades sonoras das actividades municipais en xeral, e das actividades culturais en particular, desenvoltas tanto en espazos interiores coma exteriores.

– Diversificar e ampliar os horizantes de cara a realización e contratación de certos espectáculos que necesiten requerimentos escénicos máis complexos.

– Ser máis autónomos á hora de ofrecer servicios sonoros nas diferentes actividades que se leven a cabo.

– Aforrar importantes cuantías económicas ao longo de todo o ano ao poder prescindir, na maioría dos casos, da contratación de servicios de son externos ao concello.

A empresa adxudicataria para facer a adquisición e instalación destas melloras foi a empresa SONPRESS S.L. debido ás boas experiencias e calidade dos produtos obtidos nela en anos anteriores.

16 de xullo de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.