publicidade hoxe

O colexio Santa María das Pontes acollerá unha mostra sobre escolas habaneiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Medio Rural, abrirá mañá , na biblioteca do colexio Santa María, a exposición “Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia”, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración.

A mostra céntrase no cometido solidario dos emigrantes galegos, está composta por un total de 42 paneis temáticos e cheos de materiais orixinais, como traballos de alumnos, estatutos, libros de actas ou planos das escolas, que permiten reconstruír e interpretar a enorme laboura educativa e cultural realizada polos emigrantes galegos para conseguir o desenvolvemento social e o progreso de Galicia. Supón unha nova contribución á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes que durante décadas realizaron traballos do máis variados encamiñados a construír escolas na súa terra de orixe e contribuír así a sacar da pobreza económica e cultural aos seus familiares e veciños.

O traballo complétase coa web As escolas da emigración, un proxecto do arquivo da Emigración Galega que permite comprender este importante e enriquecedor fenómeno colectivo e a súa distribución en Galicia.

Luces de Alén Mar está comisariada polo profesor da Universidade de Santiago Vicente Peña Saavedra, que mañá estará en As Pontes presidindo xunto co alcalde Valentín González Formoso e mailo concelleiro de Medio Rural e Servizos, Antonio Castro, a inaugración desta mostra, un acto que está fixado para as 20.00 horas no Colexio Santa María.

A exposición estará en As Pontes ata o vindeiro 23 de Xullo, podendo ser visitada en horario de martes a venres de 19.00 a 20.30 horas, e os sábados, de 11:30 a 13:00 horas.

3 de xullo de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.