publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente rematará as obras de mellora de abastecemento no concello da Porqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PorqueiraGaliciaLocal
A-
A+

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou esta mañá o inicio das obras de mellora do sistema de abastecemento en varias parroquias do municipio ourensán de Porqueira, onde trasladou que a previsión é rematar a finais deste ano. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de preto de 360.000 euros con cargo aos orzamentos de Augas de Galicia, e coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Na actualidade algún dos núcleos rurais de Porqueira sofren deficiencias na subministración de auga potable, sobre todo en época estival debido ao aumento de poboación. Neste sentido, as obras consisten principalmente na renovación de tubaxes que son moi antigas e presentan constantes roturas e perdas de caudal.

O proxecto centrarase na instalación das infraestruturas hidráulicas necesarias en cada un dos seguintes núcleos do concello de Porqueira:

- A Lagoa. A captación non é suficiente, polo que se conectará ao núcleo de Penín Novo co fin de que subministre caudal en caso de deficiencia.

- A conexión realizarse mediante 275 m de tubaxe, con válvulas de bolboreta nas unións aos depósitos.

- A Filgueira. Beneficia tamén os núcleos de Breixoeira e Martices. Renovarase a tubaxe existente e a da traída de Martices.

- O Rial de Sabucedo-O Toxal. Executaranse dous pozos de barrena que abastecerán aos existentes que se atopan adosados. A conexión cos depósitos realízase mediante 60 e 160 m de tubaxe.

- Pedrosa. Renóvase a tubaxe existente con 1.480 metros.

- Xocín. Demolición dos pozos de captación existentes e executaranse novas arquetas-captacións. Renovarase tamén a tubaxe de enlace co depósito mediante 410 m de tubos.

- Faramiñás. Demolerase o pozo de captación, executarase unha arqueta- captación e conectarase co depósito existente.

- Forxa.  Executaranse seis novas arquetas- captación conectadas e renovarase parte da rede.

- San Lourenzo. Executarase unha arqueta-captación e renovarase a rede de transporte mediante 990 metros de tubos e as arquetas de reunión onde se conectan as 3 captacións existentes.

- Lobios de Sever. Construirase un novo depósito regulador de 50 m³, con sistema de cloración por gravidade.

A Consellería de Medio Ambiente, mediante este tipo de obras, pretende garantir a subministración de auga en calidade e cantidade á poboación, mellorar a calidade do recurso hídrico e fomentar o seu consumo responsable.

A Consellería de Medio Ambiente, mediante este tipo de obras, pretende garantir a subministración de auga en calidade e cantidade á poboación, mellorar a calidade do recurso hídrico e fomentar o seu consumo responsable.

12 de xullo de 2013 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.