publicidade hoxe

Laxe mantén a celebración do XII Certame da Canción Mariñeira prevista para o 28 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

O Concello de Laxe comunícalles que a pesares dos feitos acontecidos o pasado 24 de xullo en Santiago de Compostela mantén a celebración do XII Certame da Canción Mariñeira este domingo 28 de xullo a partires das 19.30 horas na praza de Ramón Juega. Nesta nova edición, que un ano máis organiza o Concello de Laxe en estreita colaboración coa Asociación municipal de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, terán lugar diferentes actos en homenaxe e honra a todas as víctimas do accidente ferroviario do 24 de xullo en Santiago de Compostela.

As corais participantes por orde de actuación serán: Coral Polifónica Aires de Carral, Coro de Oleiros, Coral Santa Comba de Cordeiro – Valga e, para concluír o acto: Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe.

En relación á actuación circense e humorística suspendida o pasado 25 de xuño terá lugar na Praza de Ramón Juega un día do mes de agosto que se está a contratar coa empresa correspondente.

A próxima cita cultural deste verán en Laxe, terá lugar vindeiro xoves día 1 de agosto cun novo pé de rúa ás 20 horas na Praza de Ramón Juega. Nesta ocasión teremos á compañía de títeres Babaluva que nos presentarán o seu espectáculo chamado LUME.

26 de xullo de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.