publicidade hoxe

Feira de Produtos Locais en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarnotaLocal
A-
A+

Este vindeiro sábado día 6 de xullo o terá lugar a celebración da Feira de Produtos Locais en Carnota.

O evento celebrarase na Praza de Carnota.

Na feira vaise sortear unha cesta valorada  en 50 €. Logo da voa acollida do sorteo da edición anterior.

O sorteo será entre as 13 e as 14 horas, e para ter dereito ao obsequio e necesario estar presente, no caso de non aparecer o agraciado volverase a sortear.  A cesta consta de produtos que se venden na propia feira: peixe, froita, planta ornamental, hortalizas, artesanía etc.

Convidamos a todos os veciños/as  e os que visiten o mercado, pois estamos convencidos que mercar no noso concello ten vantaxes:

No mercado local a calidade é máxima

O produto é fresco

Hai un contacto directo entre produtores e consumidores

É un lugar para toda a familia, así a compra é máis divertida

Os alimentos son máis sans

Hai alimentos propios de cada estación

É un apoio á economía local (gañamos todos)

Todo ten mellor sabor

Ir ao mercado é mellor para a saúde.

3 de xullo de 2013 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.