publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Exposición de Jacobo Veiga en Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalSanta Comba
A-
A+

O Museo da Terra do Xallas acolleu este pasado venres a inauguración dunha exposición do artista Jacobo Veiga que se poderá visitar ata o vindeiro 31 de agosto.O acto contou coa presenza do propio autor, que estivo acompañado polo alcalde Antonio Landeira, e os concelleiros de cultura, María Pose e de medio rural, Juan Carlos Landeira, así como por un numeroso grupo de veciños procedentes de Carballo e Santa Comba.

Porque aínda que Jacobo Veiga reside en Carballo, ten raíces xalleiras por liña materna, que foi un dato destacado por Antonio Landeira e María Pose nas súas intervencións. Ambos representantes municipais destacaron o compromiso do executivo pola posta en valor e dinamización das actividades da Casa do Pozo coas actividades que se están levando a cabo e convidaron os veciños a visitar esta exposición.

Jacobo Veiga amosa unha colección de cadros e esculturas cunha técnica moi chea de laboriosidade.

Despois da inauguración, Antonio Landeira fixo entrega a Veiga dun libro da Historia de Santa Comba.

20 de xullo de 2013 | 14:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.