publicidade hoxe

Excursión a Rianxo dos veciños de Piñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPiñor
A-
A+

O Concello de Piñor informa de que o vindeiro 7 de agosto realizarase unha excursión a Rianxo (A Coruña), para desfrutar dun día de actividades e xogos na praia do Porrón. A iniciativa, denominada III Actívate,  xorde dentro do Programa de Actividades Infantís do Verán, co obxectivo de promover as actividades na natureza entre a mocidade. Lévase a cabo por terceiro ano, e noutras edicións visitouse Parada do Sil e Sober coa mesma finalidade, encher o tempo de ocio de actividades na natureza que promovan a actividade física como medio de entretemento, realizando piragüismo, ruta a cabalo, tiro con arco…

Este ano apóstase polos xogos acuáticos, ofrecendo un día de actividades na Praia de Porrón en Rianxo, contando con monitores profesionais na materia. A idade mínima para participar é de 6 anos, e levaranse a cabo actividades como: xogos na area (con balóns, frisbys…) e xogos acuáticos (con balsas, tobogáns, trampolíns, piraguas para entre 2 e 4 persoas, canoas “dragón” con 10 prazas, “gusano acuático”….

Toda persoa interesada en participar debe formalizar a inscrición ata o 5 de agosto. Máis información e inscrición en Servizos Sociais.

24 de xullo de 2013 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.